2/6/09

O sacerdote Moure, a prisión

O cura rouboulle cartos a dous anciáns e a Audiencia de Ourense dálle quince días para que ingrese no cárcere
31.05.09, XORNAL (ES). A Audiencia Provincial de Ourense emitiu un auto no que require ao sacerdote que preside a fundación San Rosendo, Benigno Moure, que ingrese de forma voluntaria na prisión provincial de Pereiro de Aguiar nos próximos quince días ou será detido e trasladado pola Garda Civil. O cura sustraeulles cartos da conta a dous anciáns cando estaban ingresados no xeriátrico Os Gozos, da fundación, e foi denunciado polo sobriño de ambos, ao que pertencía a herencia.

O auto inclúe a sentenza e posteriores aclaracións pedidas ao Tribunal Supremo por unha das partes e declara firme a sentenza que condenou a Moure a 5 anos de prisión. A citada resolución, declarada agora firme, establece ademais 10 meses de multa de 6 euros por día e a inhabilitación de Moure para presidir, xestionar ou representar a calquera institución de carácter asistencial durante cinco anos e a imposición a devolver 573.673 euros, xa ingresados na Audiencia Provincial, segundo dixeron a Efe fontes xurídicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario